top of page

SANTIAGO BARREIRA DAVILA

​

Nado o 27 de maio de 1990 en Vigo. Ós 5 años comeza os seus estudos musicais no colexio Sta. Vedruna das HH.NN Carmelitas, da man de Enrique Lorenzo Vila. Mais tarde ingresa na escola de música Atlántida de Matamá onde recibirá clases dos mestres Mónica Artos, Ángel Montes, Teresa Alonso e Ana Franqueira.

​

Ós 10 anos accede ó conservatorio de música Profesional de Vigo, onde estuda a especialidade de óboe co mestre Ricardo Pazo.

​

Recibiu clases dos mestres Ricardo Pazo, Pedro García Larroque, Pili Gironés e José Feliciano Carbonell.

Ten asistido a diversos cursillos da súa especialidade cos mestres Pedro Gracia Larroque, Thomas Indermhule, Christian Schmit, Yeon Hee Kwak e Eric Speller entre outros.

​

Como oboísta ten participado en varios concursos, Primer concurso David Russel, obtendo unha mención honorífica, concurso de xóvenes intérpretes de Vigo, gañando o primeiro premio na modalidade de vento madeira no nivel B e sendo o concursante mais xove do seu nivel.

​

No ano 2002 ingresa na Agrupación Musical Atlántida de Matamá dirixida por Enrique Lorenzo, na que continúa na actualidade.

​

Ten traballado con distintas orquestas e bandas de música, así como, Orquesta Clásica de Vigo, Orquesta Sinfonietta de Vigo (Realizando óperas en León, Galicia e Portugal), Ensemble Vigo 430 (realizando diversas grabacións), Orquesta do círculo mercantil da coral Casablanca de Vigo, Banda de música de Pontevedra e Banda Municipal de Ourense entre outras.

​

Estivo baixo a dirección de directores como Enrique Lorenzo Vila, Jan Van der Roost, Francisco Navarro Lara, Juan Trillo, Juan Lois Diéguez, Ángel Montes, Juan Carlos Díaz Álvarez, Francisco Pérez Rodríguez, Diego Javier Lorente, David Fiúza, Martijn Pepels e Jose Rafael Pascual Vilaplana entre outros.

​

Acompañou a solistas como Enrique Lorenzo Vila, Miguel de Santiago e Arno Piters (clarinete solista de la Royal Concertgebouw Orchestra).

​

Coa banda do CMUS Profesional de Vigo participou en duas edicións do concurso acordes, organizado por caixa Madrid para bandas de conservatorio, obtendo o primero premio nas duas ocasións de dito concurso e participando no concerto de clausura no Teatro Monumental de Madrid. También ten realizado unha grabación de obras de xóvenes compositores galegos.

​

Participou nunha xira de concertos en Trento e Venecia (Italia), baixo a dirección do mestre Julián Lombana en Novembro de 2010.

​

En Maio de 2011 asume a dirección da Banda de Música de Chapela facéndose cargo da sua batuta ata Xaneiro de 2015 e presentándose a diferentes certámenes da xeografía galega.

​

Asistiu a cursos de dirección de banda cos mestres José Rafael Pascual Vilaplana, Francisco Navarro Lara e Javier Viceiro. Asiste a clases de oboe regulares con David Villa Escribano, óboe da Orquesta Sinfónica de Galicia.

​

En Outubro de 2014 finaliza a sua carreira de óboe no Conservatorio Superior de música de Vigo cas máximas cualificacións.

​

En Decembro de 2014 actúa como solista interpretando o Concierto para oboe e pequena orquesta de R. Strauss coa Orquesta Sinfónica do Conservatorio Superior de música de Vigo.

​

En Febreiro de 2015 é seleccionado para as probas de óboe solista da Orquesta de Córdoba e Orquesta do Gran Teatro del Liceu de Barcelona.

​

En Abril de 2015 é invitado pola Xoven Orquesta Sinfónica de Galicia a formar parte do encuentro de Semana Santa baixo a dirección do mestre Andrés Salado Egea, co que traballou de director asistente durante dito encontro.

​

En Xuño de 2015 faise cargo da dirección da Banda de Música Bellas Artes de Cangas.

​

En Novembro de 2015 gaña o Primeiro Premio no VIII Concurso de Composición para Bandas de Música organizado pola FGBMP ca súa obra Olimpo dos Celtas.

​

Actualmente cursa estudos de dirección de banda na Academia Europea de Dirección de Banda (Portugal) cos Mestres Javier Viceiro, Jan Cober, André Granjo, José Antonio Cantal e Jean-Sébastien Béreau.

​

Imparte clases de óboe nas escolas de música Atlántida de Matamá, Ateneo Musical de Bembrive, Chapela e no Conservatorio de Música e Danza Coppelia de Vigo.

bottom of page