ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL “BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES”
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º: Constitúese en Cangas unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará “ASOCIACIÓN CULTURAL BELLAS ARTES”.
A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 26 de Marzo de 2002. reguladora do Dereito de Asociación, e pola demáis lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º: Son fins principais da Asociación:
-
Organizar e xestionar a actividade da Banda de música “Bellas Artes” de Cangas.
-
A representación, defensa e promoción dos intereses sociais e culturais dos asociados.
-
Fomentar a solidariedade entre este colectivo, promovendo e creando servicios comúns de natureza asistencial.
-
Programar as accións necesarias para conseguir melloras sociais.
-
Organizar unha constante labor de formación e de promoción cultural dos seus asociados
Como Asociación sen ánimo de lucro, destinarase ós devanditos fins, polo menos, o cen por cen das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto, exceptuándose as achegas efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.
Artigo 3º: Para levar a cabo os seus fins, a Asociación fomentará a participación da Banda de Música “Bellas Artes” de Cangas e dos seus membros nas seguintes actividades:
-
Concertos de Música.
-
Festivais de Bandas de Música.
-
Clases de música.
-
Cursos especializados de música.
-
Concertos didácticos, para fomentar o amor pola música nos rapaces mais cativos.
-
Intercambios con outras formacións da mesma índole
Artigo 4º: O domicilio principal e permanente da Asociación, radicará na localidade de Cangas, Avenida de Bueu, 14. C.P. 36940, Apartado de Correos 191.
Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar , tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro da Asociación. Para os efectos de comunicacións e notificacións usarase o domicilio social.
Artigo 5º :A Asociación en función dos seus fins e do asentamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de Pontevedra.
Artigo 6º
1.- A duración desta Asociación ten carácter indefinido, e só se disolverá conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
CAPÍTULO II
DOS SOCIOS
Artigo 7º: Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica. Terán que cumprir o seguinte requisito: ser persoa física ou xurídica ou ben unha cooperativa baixo calquera tipo de asociación.
Artigo 8º:Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
-
Numerarios, aquelas persoas que participen de forma directa como músicos na Banda de Música “Bellas Artes” de Cangas. En caso de minoría de idade do músico poderá pertencer a esta clase un dos seus pais ou titores, mentres éste non alcance a maioría de idade.
-
Honorarios, aquelas persoas que a xuízo da Asemblea Xeral axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación.
-
Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na Asociación, que estarán integrados na sección infantil, no seu caso.
-
Socios protectores, aquelas persoas físicas ou xurídicas que colaboren de xeito voluntario con esta Asociación Cultural.
Artigo 9º: Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
-
Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
-
Poder elixir e ser elixido para cargos directivos.
-
Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
-
Aproveitar tódalas vantaxes que a Asociación poida obter.
-
Ter copia destes Estatutos.
-
Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
-
Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
-
Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación.
-
Que se lle poña de manifesto o Estado de contas e o dos ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
-
A impugna-los acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios a lei ou a estes estatutos.
-
Ser reembolsado dos gastos, debidamente xustificados, que lle ocasione a participación de forma directa como músico na Banda de Música “Bellas Artes” de Cangas, de acordo co que se regule no regulamento de Réxime Interno.
Artigo 10º : Son obrigas de asociados e asociadas:
-
Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
-
Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
-
Asistir ás Asembleas Xerais.
-
Satisface-las cotas que se establezan.
-
Observar unha boa conducta social e cívica.
-
Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11º: Os asociados e asociadas honorarios, infantís non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 12º: Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do solicitante.
Artigo 13º : A condición de asociado pérdese:
-
Por vontade propia.
-
Por falta de pago das cotas.
-
Por realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación.
-
Por expediente disciplinario.
Os apartados 3 e 4 desenvolveranse no regulamento de Réxime Interno da Asociación.
Artigo 14º : A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó pagamento previo de tódalas cotas que teña pendentes.
Artigo 15º :Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.
A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 16º: A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 17º: O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan, polo menos, un ano de antigüidade e o seu mandato durará dous anos.
Artigo 18º : A Xunta Directiva contará con un número mínimo de sete membros e un máximo de quince dos cales polo menos o 50% teñen uqe ser socios numerarios. No caso de que esta porcentaxe non se cumpra pola saída dalgún membro da Xunta Directiva deberá convocar novas eleccións. A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e o resto vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven, polo menos, un ano na Asociación.
Artigo 19º: Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, de acordo co que se regule no Regulamento de Réxime Interno e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Os cargos da Xunta Directiva, xunto co Presidente, renovaranse cada dous anos.
O persoal de Secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Artigo 20º: A xunta directiva deberá convocar eleccións como moi tarde, tres meses despois de vencido o prazo para o cal foi elixida. Para o cal:
-
A xunta directiva deberá comunicar o tódolos seus socios a apertura do período electoral con un prazo mínimo de 45 días antes da data fixada para a Asemblea Xeral Extraordinaria, momento no que se publicará o censo, no domicilio principal da Asociación, dos socios que poderán participar na Asemblea, abríndose un prazo de dez días para as posibles alegacións. O censo definitivo deberá ser publicado o rematar dito prazo.
-
O prazo de presentación de candidaturas quedará aberto dende ese intre ata 8 días da celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria.
Artigo 21º: É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral, designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.
Artigo 22º: A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, de a lo menos, a metade dos membros da Xunta Directiva. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto o Vicepresidente, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 23º : Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta, acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.
Artigo 24º : A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 25º : A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, como mínimo, unha vez no ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 26º : A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación das Asembleas, tanto Ordinarias como Extraordinarias, faranse no domicilio dos asociados.
Artigo 27º : Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
-
Aproba-la acta da reunión anterior.
-
Aproba-lo plan de actividades.
-
Examinar e aproba-la memoria de actividades.
-
Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
-
Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
-
Exame e aprobación das contas.
Artigo 28º: Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
-
Modifica-los Estatutos da Asociación.
-
Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
-
Aproba-la federación con outras asociacións.
-
Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.
-
Acorda-la disolución da Asociación.
-
Designa-los liquidadores/as.
-
Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
-
Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
-
Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
-
As que sendo competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.
-
Tódalas non conferidas expresamente a Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.
-
Fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias da asociación.
Artigo 29º : Para que as asembleas poidan adoptar acordos, integraranse polos/las asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Artigo 30º : Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados a, c, d, e, f e g do artigo 28, que requirirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó Libro de Actas e asinará o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asemblea. A Acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.
Artigo 31º: Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/las asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior, que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a enuncia-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día, se procederá a facer unha quenda de rogos e pregos e adopción de acordos, e unha vez concluído se levantará a sesión por parte do Presidente.
Artigo 32º : Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación, poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 33º : O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultadas consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
-
Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
-
Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
-
Ordena-los pagamentos acordados validamente.
-
Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
-
Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou outro membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento do que se trate.
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que ademáis, substituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 34º : O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 35º : O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes a Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en tódalas operacións de orde económico.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario o 31 de Decembro, co fin de que as contas están a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.
Artigo 36º : Os vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes funcións:
1.- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.- Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 37º : A Asociación no momento de inicia-las súas actividades non dispón de patrimonio propio. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 38º : A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador do presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de Xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 39º : A Asociación manterase dos seguintes recursos:
1.- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
3.- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 40º : As cotas ordinarias acordaranse pola Asemblea Xeral Extraordinaria a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atende-las necesidades da Asociación.
Artigo 41º : Anualmente con referencia ó último día de exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas de acordo co legalmente establecido e serán enviadas ós asociados xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberán aprobalas ou censuralas.
Artigo 42º : Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 43º : Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente, o Presidente, o Tesoureiro e o Vicepresidente, para a utilización de dúas das tres firmas.
Artigo 44º : Como entidade sen ánimo de lucro , en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os beneficios obtidos pola Asociación.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 45º : O Regulamento de Réxime Interno, no seu caso, desenrolará aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos.En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 46º : Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios.A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto, coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
Artigo 47º : Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 48º : A Asociación disolverase polas seguintes causas:
1.- Pola vontade dos asociados/as acordada polos 2/3 dos mesmos/as.
2.- Por outras causas determinadas legalmente.
3.- Por sentencia xudicial.
Artigo 49º : Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 50º : O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita no Concello de Cangas do Morrazo, que teña os mesmos ou similares fins de esta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.