Domingo 29 de Xaneiro ás 19.30h no Auditorio Municipal de Cangas
Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Belas Artes de Cangas.
As bandas de música tiñan un papel moi importante dentro da nosa tradición. Aínda que o instrumento máis representativo da música tradicional é a gaita, moitas bandas adaptaron melodías e cantos populares aprendidos de xente da aldea para facer as súas obras. Ao mesmo tempo os gaiteiros incorporaban ao seu repertorio, músicas que escoitaban das bandas dándolle o seu toque persoal. E así, confluíndo uns cos outros xurdiron outras formacións, como as charangas e as murgas. Moitas festas e romarías foron amenizadas por bandas de música e gaiteiros, onde a xente bailaba e namoraba...
"Festa na Vila" mostra o baile tradicional das romarías e festas amenizadas por bandas de música. Un percorrido desde principios até mediados do século XX, onde se pretende amosar o baile polas distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño...As melodías que se interpretan pertencen a compositores de principios de século XX, como Gustavo Freire, Ricardo Coutier, Reveriano Soutullo, Gregorio Baudot, José Oro Val, Antonio Amigo, Enrique García Rey....
Esta representación transcorre a través da historia de Sabela, unha moza que regresa á aldea dos seus pais co único recordo que ten deles, unha fotografía antiga bailando ao lado dun palco de música. Prodúcese entón unha regresión ao pasado que a leva a distintas épocas e momentos na vida dos seus pais, desde que se coñeceron até a despedida pola emigración.
Actrices: Iria de Pazos Bugarín, Ángeles Menduíña Otero, María Fernández e Rosa E. Gantes
Dirección Coreográfica: Manolo Cobas
Dirección Musical: Santiago Barreira
Dirección Escénica: Salvador del Río
Dirección Teatral: Casilda Alfaro
Deseño de Iluminación: Salvador del Río
Técnico de Iluminación: Héctor Pazos
Técnico de Son: Henry Pérez
Escenografía: Lembranzas da Ría, André Calvo, Ricardo.
Vestiario: Lembranzas da Ría
Textos: Alberto Barreiro " Warren"
Colaboración especial de Meiramar Axóuxeres de Moaña e a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas
Venda de Localidades:Despacho de Billetes do Auditorio, de 17 a 19 horas (2 horas antes do comezo da función), e venta anticipada No Bar O Tostadeiro (en frente do auditorio).Prezo: 4 €.
Entradas destacadas
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.